Scape Room Desconecta, atréveste?
- Proxecto
Desconecta - Autoría
Laura Roca, Daniela López, Paula Calvo e Noa Longarela - Duración
30 minutos - Ideal para
Desafiar o inxenio - Materias
Lingua e Literatura Española, Lingua e Literatura Galega, Matemáticas - Cursos
1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, Curso 2018/19 - Compartir en
facebook, twitter
«Benvidos á habitación do escape do IES Poeta Díaz Castro. Propoñémosvos unha aventura na que descubrir algúns dos riscos que teñen o uso dos móbiles e de Internet. Nesta habitación hai unha serie de pistas que debedes de seguir na orde adecuada para conseguir o código para poder sair.
Observade ben o que vos rodea e non vos precipitedes. Se algunha pista non ten sentido intentade resolver outra antes. A primeira pista ten que ver coa empatía, con poñerse no lugar do outro.Tedes un comodín para poder empregar se vos atascades. Tedes 20 minutos para resolver este reto. Boa sorte!»
Esta era a benvida que o alumnado de 1º de ESO daba ó alumnado (e tamén profesorado) que pasou polo Scape Room do DESCONECTA. A proposta consistía en ir resolvendo pistas e probas de inxenio que incluían chaves agochadas, candados con códigos, xornais modificados, claves de internet, etcétera.
Estes foron os temas que tratamos nas pistas:
- A falta de empatía
- Os riscos de usar o móbil conducindo
- Aceptar a descoñecidos nas redes
- Protexer a privacidade
Por se estades interesados enlazámosvos con todos os materiais que emrpegamos.