Semana da Ciencia
- Proxecto
Táboa periódica - Autoría
Nuria Sánchez Moreno - Duración
tres sesións para preparar o contido teórico e práctico e dúas xornadas para expoñer as actividades ante os compañeiros. - Ideal para
que alumnado aprenda a organizar un traballo integramente e mellorar a súa habilidade de falar en público. - Materias
Bioloxía - Cursos
2º BAC, Curso 2018/19 - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
O alumnado de 2º BAC elabora un guión cos contidos e as distintas experiencias relacionadas coa táboa periódica que expoñerán ante os seus compañeiros.
CLAVES
- MATERIAS: indicado para Bioloxía.
- CONTIDOS: dun modo transversal tratamos contidos do currículo de Bioloxía (osmose, bioelementos e oligoelementos…) incardinados directa ou indirectamente coa táboa periódica.
- SESIÓNS: tres sesións para recompilar información, elaborar un guión e preparar o material necesario para expoñer o traballo. Dúas xornadas, repartidas en tempos de 50 minutos por grupo, para mostrar o traballo aos compañeiros.
- NECESIDADES:
- ordenadores para facer a busca na internet
- cartón pluma, cartolinas e rotuladores para elaborar os carteis
- material de laboratorio (probetas, bisturíes, portaobxectos…) para preparar as prácticas desenvolvidas
- microscopio óptico e cámara para proxectar a visualización dunha práctica en tempo real de maneira colectiva.
OBXECTIVOS
- Desenvolver as competencias do alumnado de busca de información fiable e contrastada na internet.
- Afianzar contidos da materia de Bioloxía de 2º de BAC.
- Mellorar as súas destrezas dirixindo unha actividade cara ao público.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Dedicamos tres sesións para buscar a información necesaria e elaborar un guión repartindo as actividades entre os alumnos.
02. DESENVOLVEMENTO
Durante tres sesións elaboramos o material necesario (carteis, protocolos prácticas, rosco para o pasapalabra…) para os días da semana da ciencia. Dedicamos parte da sesión final a facer un ensaio xeral para cronometrar o tempo e poder corrixir posibles deficiencias na exposición. Os días 28 e 29 de marzo os alumnos expoñen diante dos seus compañeiros os traballos preparados por eles mesmos.
03. AVALIACIÓN
Un punto para cada alumno no que se terá en conta: a implicación no proxecto, a calidade da información atopada na internet, a presentación e a capacidade de exposición cara ós compañeiros.
EXPERIENCIAS
O proxecto ponse en práctica co resto de alumnado de ESO . O nivel dos contidos adaptouse para que puidese abarcar todos os cursos cos que se traballou.