A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Titorial «A apócema poética»

  • Irea e Jorge explican como inspirar poemas con xogos
  • Recibimos ó grupo xunto ó monumento a Esmeralda, o poema de Díaz Castro
  • Deben chegar ás tres fontes de inspiración situadas en diferentes puntos da praza
  • A primera maneira de avanzar é coa ducha: "lavamos" os prexuizos para ser creadores
  • A seguinte proba é ir a cegas, coas instruccións dun único guía ó final da fila
  • Para crear tamén hai que deixarse levar: o xogo do taxi que nos leva á seguinte inspiración
  • Ó rematar poñemos en común as inspiracións pasando do xogo ó relax como contraste
  • Cada participante escribirá in haiku inspirado pola actividade nos seus pasaportes
1/8

MATERIAIS NECESARIOS

  • Cordeis
  • Pinzas grandes para suxeitalos
  • Tarxetas de inspiración
  • Manual parada 06

PASO A PASO

  1. Colocamos os cordeis coa inspiración en lugares próximos entre si
  2. Presentación xunto ao poema de herba pequerrechiña
  3. Dividimos en dous grupos e cada guía leva un, se son poucos fanno xuntos
  4. Explicación e realización do xogo para chegar aos cordeis
  5. A orde dos xogos é: arrincar cebolas / a cegas / taxi
  6. Facemos a conclusión e pedímoslles que escriban un verso
  7. Facemos unha foto de grupo e despedímolos

NOTAS

  • Os cordeis deben colocarse antes da chegada dos grupos en sitios visibles
  • Os guías repartiranse previamente en  que orde mandan os seus respectivos grupos a cada cordel.
  • Ao inicio, reunimos o grupo para a introdución diante do monumento ao poema de Herba pequerrechiña.
  • As actividdaes poden facerse en dous grupos ou nun so.

PRESENTACIÓN

Este é o Campo da Feira de Guitiriz. Díaz Castro viviu nun piso nesta rúa e pasaba moito tempo neste parque. Esta escultura é unha homenaxe ó seu poema Esmeralda: «Herba pequerrechiña, que con medo surrís, o sol que vai nacendo e morrendo sen ti…»

Parece un haiku, verdade? Os haikus son poemas xaponeses de verso libre e inspirados na natureza. E a vós? Que vos inspira? Imos descubrilo. Nos cordeis que vedes hai inspiración para o voso propio haiku.

Pero tedes que chegar a ela, e como?  Avanzando en equipo. Antes de nada dividímonos en dous grupos para que sexa máis fácil. Dun lado os nacidos antes de San Xoán (24 de Xuño) e do outro, os que naceron despois.

Agora cada grupo queda cun guía e explicarémosvos a maneira de chegar. O primeiro xogo facémolo xuntos

ACTIVIDADE

ARRINCAR CEBOLAS. O máis difícil para un escritor é comezar. Así que imos facelo aínda que custe. Sentádevos no chan en fila agarrados pola cintura. Os máis altos detrás. Un queda arriba. Agora tes que arrincar a inspiración tirando polos pulsos. O resto tratades de evitar que o suba. Se vos levantan sumades esforzos cos arrincadores. Cando esteades todos arriba podedes pasar de xogo.

 

A CEGAS. Os escritores van a cegas, non saben a onde chegará a historia. Nós imos facer o mesmo para chegar ao cordel. Imos en fila cos ollos pechados. O único que os leva abertos é o último, que dará instruccións. Un golpe nos dous ombros significa avanzar. Dous golpes, parar. Un golpe no ombro dereito é virar á dereita; no esquerdovirar á esquerda. Hai que ser rápidos para que a mensaxe chegue rápido adiante. Pechade os ollos e avanti! Ao chegar, collede unha inspiración.

 

TAXI. Para escribir tamén podemos deixarnos levar. E iso imos facer. Para chegar ao seguinte cordel un grita“taxi!” E será levado en volandas dous metros polo grupo que avanzará moi xunto. En canto outro grite taxi soltamos a ese con coidado e levantamos ao outro. E así ata que todos pasen polo taxi e cheguedes ata o cordel. Cando cheguedes escollede unha inspiración.

CONCLUSIÓN

As frases que tedes colgadas das vosas camisetas son a vosa apócema para escribir, a vosa inspiración. Así que coa enerxía do xogo e esas ideas, escribide o voso haiku no pasaporte.

Os haikus son tres versos curtos, habitualmente de 5-7-5 sílabas. Cando os teñades lémolos en alto.

Ese haiku será a proba do voso paso pola Fábrica de Poetas. Se tedes máis paradas podedes continuar. Se é a última, agardamos que desfrutarades a visita. Os voso profesorado leva un rosco para que fagades no camiño de volta a ver cantas letras acertades.

Volvede pronto!