Titorial «A viaxe do heroe»
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
María Miragaya, Cristina de la Torre - Ideal para
Potenciar a poesía - Materias
Cultura Clásica, Lingua, Literatura, Roteiros - Cursos
Curso 2015/16 - Compartir en
facebook, twitter
MATERIAIS NECESARIOS
- Coroas de loureiro
- Maleta de Ulises
- La e agullas
- Altofalante
- Pau de chuvia
- Tarro con moedas
- Xornal para o son das follas de outono
- O poema de Penélope en pancarta
- Consignas para berrar na manifestación poética
- Manual parada 03
NOTAS
- Temos todo o atrezzo no banco
- Colocar á xente en semicírculo para que vexan a obra
- As consignas cámbianse cada ano. Hai que ter tres copias de cada unha para que as leven os grupos con eles.
PASO A PASO
- Se non temos permiso para usar o acceso á estación farémolo fóra
- Colocamos a maleta e os elementos da parada nalgunha mesa ou soporte
- Presentación e explicación da actividade
- Repartimos os roles de ulises, penélope e pretendentes
- Explicamos o mito de penélope
- Despregamos o poema de penélope e explicar a súa relación co mito
- Recitalo todos xuntos cos sons marcados
- Facer un debuxo no pasaporte inspirado no mito de penélope
- Facemos a conclusión do xogo co poema de penélope con sons
- Enchen o pasaporte no oco correspondente
- O grupo inicia a manifestación poética cos anfitrións liderando
- Os guías acompañan un rato á manifestación. Se é o último grupo, vanse con eles
PRESENTACIÓN
Non vos ten pasado cando ledes un libro que pensades: «esta é a mesma historia que aquela que…» Coinciden as historias porque quenes as escriben comparte referentes literarios. E diso imos falar, dos referentes.
ACTIVIDADE
Díaz Castro coñecía a literatura clásica grega na que Homero é un dos autores máis importantes. Escribiu A Odisea hai case tres mil anos e nela conta a historia da viaxe de Ulises e do seu regreso a casa.
Coñecédela? Imos interpretala. Quen quere ser Ulises? E Penélope? (Colocámoslleso atrezzo, unha coroa a Ulises, a calceta a Penélope)
Esta é Penélope, na illa de Ítaca. O rei Ulises é seu marido, pero marcha á Guerra de Troia (dámoslle a maleta e que marche) Penélope agarda por el, pero terá moitos pretendentes … tres pretendentes, rápido!
Para non ter que casar de novo, Penélope comeza a tecer un sudario e asegura aos candidatos que escollerá a un deles cando o remate. Pero Penélope tece polo día e destece pola noite para non ter que casar de novo.
Dez anos despois, Ulises regresa e recupera a súa posición e a súa muller, e os pretendentes quedan sen esposa.
Fin. Un aplauso!
CONCLUSIÓN
E por que vos contamos esta historia? (Sacamos o poema de Penélope) Este é o poema máis famoso de Díaz Castro, titúlase Penélope pero nel non hai ningunha muller. Imos lelo con banda sonora. (Lemos Penélope cos sons de chuvia, moedas, barco, reloxo, pasos e outono nas palabras sulinadas. Unha vez de mostra e outra cos participantes)
De que fala Díaz Castro no poema? Quen é Penélope? Por quen agarda?
Penélope é unha metáfora da Galiza que agarda polos emigrantes que partían de sitios coma este, a estación de tren. Díaz Castro vivía en Madrid e cando viña de vacacións moitas veces facíao no tren, chegaba aquí.
Cando se xubilou regresou a Guitiriz o que foi a oportunidade para a vila de reivindicar a súa poesía. E así imos rematar, pedindo máis poesía. Pero antescompletade o pasaporte cun debuxo inspirado en Penélope.
(Entregamos o megáfono e as consignas) Agora, para chegar á seguinte parada tedes que facer unha manifestación poética. Esas son as consignas e o megáfono así que temos que oirvos! Adiante!
- MÁIS POESÍA, MENOS TIK-TOK
- ESTE UNIVERSO, PRECISA DOS TEUS VERSOS
- OS VERSOS LIBRES, TAMÉN SON POSIBLES