A última cea como nunca a viras
- Proxecto
Desconecta - Duración
1 sesión por disciplina, 2 sesiones para la actividad - Ideal para
Conectar historia y religión - Materias
Historia, Lingua e Literatura Española, Relixión - Cursos
1º BAC, 2º BAC, 3º ESO, 4º ESO, Curso 2018/19 - Compartir en
facebook, twitter
EQUIPO
Ana Pedreira, Fernando Ulla e Mónica Campo
SINOPSE
O fresco “A última cena”, pintado por Leonardo Da Vinci en Milán entre 1495 e 1497, foi a inspiración deste exercicio. Recrea a cea de Xesucristo cos apóstolos antes de ser capturado polos romanos, unha pasaxe histórica que coñecemos principalmente polas fontes bíblicas.
COMO O FIXEMOS
- Este tema permitíanos traballar en equipo a profesorado de Lingua, Historia e Relixión.
- Recreamos o chat que terían no seu caso Xesucristos cos Apóstolos e os Romanos entre si e con Xudas
QUE DIFICULTADES XURDIRON
- As dificultades foron sobre todo técnicas, para resolver como ficcionar un chat. A parte de contido foi a máis sinxela pois adoptamos un código moi coloquial co que nos sentíamos moi cómodos e encaixaba co formato escollido.
CLAVES
- Escoller o ton adecuado para queo alumno conecte co exercicio.
COMO LEVALO Ó AULA
- Para facelo co alumnado recomendamos dividilo en dúas sesións. Na primera plantéxase o contido e os seus enfoques dende as diferentes disciplinas: literaria, histórica, relixiosa, artística, etcétera. Ó final da sesión plantéxase o reto de crear os chats entregando unha plantilla ó alumnado dividido por grupos.
- Enfoques: Lingua: diferencias entre linguaxe culta e coloquial. As linguas mortas. Historia: contexto do feito en si e a súa representación pictórica. As fontes na historia. Relixión: a Biblia e as relixións do libro.
- Aconsellamos repartirse o traballo entre o profesorado das disciplinas implicadas abordando este feito concreto dende diferentes perspectivas para obter un coñecemento global, neste caso de Historia, Arte, Religión e Literatura.
- Destacar a importancia da documentación previa. Non poden crear un chat, nin en realidade ningún contido ou tarefa que lles propoñamos, se non teñen antes o coñecemento. Podemos darlle nós os contidos ou pedirlles que os busquen (que lean a pasaxe no Novo Testamento, por exemplo).
IDEAL PARA
- Achegar ó alumnado a un tema histórico e relixioso de forma amena.
- Contextualizar contidos
- Reflexionar sobre a facilidade de falsificación de contido dixital
RECURSOS
- Imaxinación
- Plantilla de chats para facelo en papel
- Un móbil se se quere ficcionar o chat e facer captura de pantalla
- Aplicación para crear chats falsos