Un Nadal de Cores
- Proxecto
As cores - Autoría
Eva Rieiro - Materias
Biblioteca, Plástica - Cursos
Curso 2017/18, Todos - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
Realización Postal de Nadal e Poesía.
A proposta consistía en elaborar unha postal na que se reflexara a través das cores e a poesía os sentimentos que o Nadal nos trasmite. Tratouse de que o alumnado evitara solucións clásicas facendo fincapé en propostas máis dinámicas e espóntaneas, prevalecendo a cor ante o debuxo figurativo. A nivel poético ó sensorial fronte ó narrativo.
CLAVES
- MATERIAS: Plástica e Visual, Biblioteca
- CONTIDOS: Expresividade, creatividade, análisis das formas e das cores, uso de distintas técnicas plásticas, traballo en equipo, control do tempo.
Expresión poética tomando como referencia as cores e o Nadal - SESIÓNS: 4 sesións
- NECESIDADES: Software matemático interactivo libre GeoGebra.
OBXECTIVOS
- Reflexionar sobre a expresividade das cores.
- Exteriorizar as emocións coas cores.
- Desarrollar a creatividade.
- Coñecemento de distintas técnicas gráfico-plásticas.
- Incentivar aparticipación e motivación do alumnado.
- Desenvolver a linguaxe poética.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Na aula de Plástica: idear o proxecto e trasladarlle a proposta ao alumnado, visionando imaxes previamente a modo de orientación. Por parte da biblioteca: se fixo unha convocatoria pública do concurso mediante cartaces e información directa en todas as aulas.
02. DESENVOLVEMENTO
Traballo na aula coa profesora de Plástica.
Montaxe da exposición co equipo da biblioteca e alumnado.
Selección das postais e o poema finalista que foron utilizadas para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa (profesores, familias, persoal non docente).
As postais enviaronse a imprenta coas imaxes galardonadas e no seu reverso o poema seleccionado.
03. AVALIACIÓN
Observar o desenvolvemento da actividade.
Valorar o traballo individual e en equipo.
Puntuar o resultado final.
EXPERIENCIAS
Ver as imaxes realizadas da exposición final.
O resultados foron sorprendentes, xa que os rapaces conseguiron saír das típicas postais de Nadal, profundizando na expresividade das cores.