A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Versionamos fotos con historia

  • Tejero toma o Congreso o 23F. Foto de Manuel Pérez Barriopedro. Madrid, 1981
  • Entregade as claves do Fornite! Foto de Hugo Balsa. Guitiriz, 2019
  • O guerrilleiro heroico. Foto de Alberto Díaz Korda. La Habana, 1960
  • Trending topic sempre! Foto de Víctor Estraviz. Guitiriz, 2019
  • Día da rendición de Xapón. Foto de Alfred Eisenstaedt. Nova York, 1945
  • #vanity. Foto de Hugo Balsa. Guitiriz, 2019
  • Conquista no monte Suribachi. Foto de Joe Rosenthal. Iwo Jima, 1945
  • A conquista da wifi. Foto de Alejandro Pereira. Guitiriz, 2019
  • O home do tanque. Foto de Jeff Widener. Beijing, 1989
  • A nova resistencia. Foto de Hugo Balsa. Guitiriz, 2019
  • Almorzo no alto dun rañaceos. Foto anónima. Nova York, 1932
  • O andamio do século XXI. Foto de Silvia Freire. Guitiriz, 2019
  • Equipo de fotografía: Sara, Silvia, Alejandro e Víctor. Na foto falta Hugo.
1/13

Como parte do proxecto de centro adicado ó uso das pantallas, un grupo de alumnos e alumnas de 1º da ESO traballamos sobre imaxes icónicas do século XX. Escollemos seis fotos que retrataban acontecementos e personaxes históricas e adaptámolas ás reflexións que plantexamos no aula sobre as vantaxes e riscos de estar sempre conectados.

O resultado foron seis montaxes que se colgaron polo instituto e que invitaban a reflexionar sobre as metáforas visuais, ademais de achegarnos ó mundo do fotoxornalismo, unha profesión en moitas ocasións de risco pero que nos permite entender e transformar o pasado e sobre todo, o presente.

 

 FOTO ORIXINAL

  • Título: S/T
  • Fotógrafo: Joe Rosenthal
  • 23 febreIro 1945
  • Iwo Jima, Xapón

A NOSA VERSIÓN

  • Título: A conquista da wifi
  • Fotógrafo: Alejandro Pereira
  • Modelos: Víctor Estraviz, Hugo Balsa, Sara Paz, Silvia Freire

Cales son as nosas conquistas no mundo dixital? Cales as nosas bandeiras? Estamos nunha etapa cambiante na que as pantallas e Internet semellan o epicentro do noso día a día e por iso elevamos unha das iconas máis buscadas por usuarios de móbiles e outros dispositivos: a disponibilidade de rede wifi.

Os soldados da fotografía orixinal, en cambio, levantan unha bandeira nacional representando a conquista en tempo de guerra. Estamos na II Guerra Mundial e americanos e xaponeses loitan por controlar as illas do Pacífico, entre elas Iwo Jima. Alí trala batalla, no Monte Suribachi, tuns marines colocan esta bandeira e a foto convértese nun símbolo, usándose como propaganda bélica. Gañou o Premio Pultizer pero rematou rodeada de polémica xa que se soubo que os soldados posaran para o fotógrafo repetindo a colocación da bandeira. No 2016 tamén se desmentiu a identidade dun dos soldados, John Bradley, a pesares de que seu fillo foi o autor do libro Bandeiras dos nosos pais, que conta a historia desa batalla.

 

 


FOTO ORIXINAL

  • Título: S/T
  • Fotógrafo: Alfred Eisenstaedt
  • 14 agosto 1945
  • Nova York, EEUU

A NOSA VERSIÓN

  • Título: #vanity
  • Fotógrafo: Hugo Balsa
  • Modelo: Sara Paz

Esta imaxe é unha sátira do uso das redes sociais que en moitas ocasións, en vez de servir para conectarnos con máis xente, aíllannos das experiencias reais. Tamén representa os novos tempos das relacións afectivas nas que moitas veces hai unha pantalla de por medio. Está inspirada nunha fotografía de Alfred Eisenstaedt realizada en Nova York o día da rendición de Xapón ante os Estados Unidos na II Guerra Mundial, coñecido como o V-J, Victory over Japan Day, que supuso o final da guerra. A imaxe foi portada na revista Time.

O autor contou máis adiante que pasou un bo rato facendo fotografías do ambiente nas rúas cando a imaxe do mariñeiro e a enfermeira captou a súa atención polo contraste das cores nos seus uniformes. Disparou catro veces creando unha das imaxes icónicas do século XX. O mariñeiro é George Mendonça e a enfermeira identificouse como Edith Shain. Non se coñecían e o bico, segundo explicaron, foi un impulso espontáneo pola euforia que se vivía polo fin da contenda.

 

 

FOTO ORIXINAL

  • Título: Almorzo no alto dun rañaceos
  • Fotógrafo: Anónima
  • 20 setembro 1932
  • NOVA YORK, Estados unidos

A NOSA VERSIÓN

  • Título: O andamio do século XXI
  • Fotógrafa: Silvia Freire
  • Modelos: Víctor Estraviz, Hugo Balsa, Alejandro Pereira, Sara Paz, David Martínez, Alexander Barreiro, Paula Calvo, Sabela López, Laura Roca, Gabriel Iglesias, Miguel Pereira

É posible que esta sexa a primeira fotografía da historia convertida nun símbolo. Reproducida e recreada unha e outra vez, foi un posado e non unha foto xornalística, se ben os traballadores que aparecen son reais e amosa o ambiente na época da Gran Represión nos EE.UU. tralo Crac do 29.

Os once albañiles están descansando sobre unha viga no piso 69 do edificio Rockefeller Centre de Nova York que estaba en construcción, polo que se pensa que a foto foi un encargo publicitario para promocionar o edificio. Publicouse por vez primeira no New York Herald Tribune dúas semanas despois de facela. Simboliza o traballo a destaxo presentando os traballadores como heroes e a construcción de rañaceos como a solución ós problemas económicos.  

Está tomada a 240 metros de altura do chan. Na nosa recreación apenas nos elevamos un metro e substituimos as caixas co almorzo por ordenadores, unha estampa laboral máis frecuente neste días, onde o entorno dixital é un importante fonte de traballo.

 

 

FOTO ORIXINAL

  • Título Orixinal: ajstrubwyer
  • Fotógrafo orixinal: ajstrubwyer
  • 5 de marzo de 1960
  • La Habana, Cuba

A NOSA VERSIÓN

  • Título: Trending topic sempre!
  • Fotógrafo: Víctor Estraviz
  • Modelo: Alejandro Pereira

Hai poucas imaxes máis icónicas, reproducidas e reinterpretadas que esta do Che Guevara, líder da revolución cubana xunto a Fidel Castro. A mirada firme, o xesto desafiante, correspóndense co evento no que foi tomada, o día despois da explosión na Habana dun barco de munición na que morreron máis de cen persoas e que se considerou unha sabotaxe á revolución.

A imaxe tomouna Korda, un fotógrafo cubano que retratou todo o proceso revolucionario. Fíxoa en apenas un minuto, o tempo no que o Che se asomou ó fondo do estrado pero non se publicou ata sete  máis tarde, con Guevara xa morto. Foi portada de libros, versionada por artistas como Jim Fitzpatrick e Andy Warhol. Tamén foi moi utilizada en publicidade, se ben o seu autor, nunca reclamou dereitos de autor ata que quixo ser empregada por unha marca de vozka e o que cobrou donouno á Sanidade cubana. Coa nosa reinterpretación buscamos reflexionar sobre os ídolos do like e os novos símbolos recoñecibles en calquer parte do mundo.

 

 

FOTO ORIXINAL

  • Título: O home do tanque
  • Fotógrafo: Jeff Widener
  • 10 xuño 1989
  • Beijing (China)

A NOSA VERSIÓN

  • Título: A nova resistencia
  • Fotógrafo: Hugo Balsa
  • Modelo: Víctor Estraviz

Non sabemos se é posible resistir ante os xigantes de Internet. As grandes corporacións dixitais parecen decicir que mercamos, con quen nos relacionamos e que información é máis relevante para nós. Pero existe resistencia: os comercios de proximidade, os editores de información, as relacións con contacto directo… resisten.

En 1989 en China, igual que noutros países comunistas, houbo un movemento de protestas estudantís para exixir apertura democrática.  Tras semanas de mobilizacións, a noite do 3 de xuño o exército disolveu a protesta disparando ós concentrados na Praza de Tiananmen. Esta foto foi tomada ó día seguinte cando os tanques se dirixían á Praza e un home se interpón no seu camiño intentando evitar que pasen. Foi tomada dende o Hotel Beijing, onde se aloxaban os xornalistas internacionais e existe unha imaxe similar de varios fotógrafos, se ben a máis coñecida é a de Jeff Widener.

Nun principio Widener pensou que o home ía estropear a composición pero estaba capturando unha das imaxes icónicas da resistencia fronte ó poder.  Coñecémola porque mandou o carrete ás oficinas de Associated Press escondido na roupa interior dun axudante.

 

 

FOTO ORIXINAL

  • Título: S/T
  • Fotógrafo: Manuel Pérez Barriopedro
  • 23 febreiro 1981
  • Madrid, España

A NOSA VERSIÓN

  • Título: Entregade as claves do Fornite!
  • Fotógrafo: Sara Paz
  • Modelo: Hugo Balsa
  • Guitiriz, 2019

«Quieto todo el mundo!» Iso foi o que berrou o Teniente Coronel Tejero dende a tribuna do Congreso no Golpe de Estado de 1981 en España. Case corenta anos máis tarde recreamos esa imaxe cambiando tricornios por máscaras anónimas e as ameazas contra a democracia por ameazas contra a integridade da conta dun xogo. «As claves do Fortnite!» é a nosa maneira de reflexionar sobre a importancia que damos á nosa vida virtual.

O seu autor, Manuel Pérez Barriopedro traballaba para Efe, a axencia estatal de novas. Cando Tejero entra no Congreso está nun dos laterais, nun lugar elevado, e comeza a disparar fotos. Fai 23 en apenas un minuto, rebobina o carrete e quítao da cámara antes de que lla requisen, escondéndoo nun zapato en canto ten ocasión.

Deste xeito a foto máis famosa do 23F puido chegar á redacción de Efe e ser distribuida a tódolos xornais nacionais e tamén internacionais. A revista francesa Paris Match enviou un avión para recollela en boa calidade, xa que daquelas enviábanse por un sistema coñecido como telefoto. O día seguinte foi portada en moitos lugares e acabaría sendo premiada como imaxe do ano polo World Press Photo.

 

MAKING OFF

1/9

G OFF