Versos xeolocalizados
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
María Miragaya - Ideal para
Interactuar co roteiro - Materias
Literatura, O poeta Díaz Castro - Cursos
Curso 2013/14 - Compartir en
facebook, twitter
Este exercicio pode practicarse durante unha visita a Guitiriz ou co roteiro virtual Tralas Pegadas de Díaz Castro.
O alumnado debe:
- Facer unha fotografía -ou debuxo- que ilustre e poña imaxe aos versos.
- Asociar o que din os versos (sen ter en conta o título do poema -en negriña-) a algún punto do roteiro. Utiliza para isto as iniciais dos lugares visitados (p.ex: V=Vilariño, Bu=Buriz, Ba=Báscuas, P=Parga, G=Guitiriz…).
- Reconstruír, a partir do contido destes versos, o roteiro emocional…de Díaz Castro.
Vísperas
Nas puntiñas dos pés a festa chega ao río,
i anésgase, larmeira, á beiriña do río.
Despois vólvese tola: brinca o río berrando,
e pérdese nos vimbios e as xesteira bailando.
Cova alumada
Pra aló do mundo, un sol
sin noite nin hestoria
busca a ruína esquencida
i énchea toda de groria.
Vísperas
Chora o ameneiro en soños (que ben se oín os muíños!),
e chora polo tempo perdido nos camiños.
Coma unha espada
I as falopas dos anos van caendo
sobre a sede inmortal e os ollos tristes,
pro no enterran a boca da ferida!
A beleza fireume para sempre.
Coma brasas
Eí están, coma brasas contra a noite,
as vellas cousas cheas de destinos.
Vísperas
Ai como está de bágoas de nenos feito o río!
Este é o Porto-Muíños todo en sombras, o río.
A Virxe pasa a mau polo lombo do río
Esmeralda
Herba pequerrechiña
que con medo surrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sin ti.
Cortina
Nesa tarde cargada de lorbagas,
veu o Silencio. Xa tras del as fragas,
perdidas coma ovellas, a zuar.
Tras del o fillo, a casa i a muller.
Morreu. Os bois volveron a pacer
e tralo arado as pegas a brincas.
No resplandor do día
Quero morrer de música nunha tarde de pinos
sin sentir o martelo dun recordo no sangue.