Zero Waste! Proxecto Europeo eTwinning
- Proxecto
eTwinning, Polos Creativos, SlowLife - Autoría
Susana Vázquez, Ruth LLovo, Miguel Anxo Barreiro - Duración
Todo o curso 2022/23 - Ideal para
Mellorar as competencias clave do alumnado, descubrir o mundo e aprender a contalo. - Materias
Ámbito científico tecnolóxico, Interdisciplinario, Orientación, Proxectos, Valores - Cursos
Curso 2022/23 - Compartir en
facebook, twitter
O eTwinning deste curso pretende a nosa concienciación con cero residuos!
CLAVES
- MATERIAS: Experiencia interdisciplinaria e de inclusión, cun peso específico na competencia científico – tecnolóxica
- SESIÓNS: Ao longo de todo o curso.
- NECESIDADES: Aspectos organizativos de centro, colaboración de profesorado, alumnado, familias e expertos.
OBXECTIVOS
- Evitar o despilfarro de enerxía mediante aforro enerxético.
- Descubrir como reducir os residuos na nosa vida cotiá.
- Fomentar a reciclaxe clasificando o lixo.
- Preparar algúns actos para chamar a atención e informar na contorna sobre problemas medioambientais.
- Construír unha identidade europea a través da interacción nun proxecto europeo.
- Perseguir a excelencia de todo o alumnado, en función das sus propias características, atendiendo á súa diversidade.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
En relación coa construción de un espazo adicado ao medio ambiente no patio do centro, este curso foi planificada a creación dunha composteira e de varios bancais de cultivo.
O proxecto eTwinning deste curso, así como a participación en Voz Natura, deron soporte pedagóxico á dita liña de acción que se inclúe, igualmente, no proxecto de centro para o curso 2022/23: Slow Life.
A asociación europea conta cos seguintes centros educativos europeos:
02. DESENVOLVEMENTO
Ao longo de todo o curso desenvolvéronse accións que conduciron á construción de tres produtos finais socialmente relevantes:
- Unha composteira, para o que o alumnado de 1º recibiu formación de Adega.
- Tres bancais de cultivo, coa intención de seren utilizados, pero tamén que sirvan na creación futura dun calendario fenolóxico.
- Un terrario de miñocas, que achega a observación e a consecuente aprendizaxe derivada dela do efecto que as lombrices deixan na terra e os beneficios que achegan.
Pero houbo moitas máis tarefas encamiñadas ao coñecemento, interacción e avaliación compartida dos nosos nenos e nenas cos seus socios europeos.
03. AVALIACIÓN
Para a avaliación desta experiencia contamos coas seguintes experiencias:
Grupo de debate de profesores e colaboradores, analizando a xornada e os seus produtos.
Cuestionarios de valoración para todos os participantes na experiencia.
Toda a información, neste enlace.
EXPERIENCIAS
A participación comunitaria é un dos obxectivos marcados, a partir deste curso, no proxecto Polos Creativos. Esta foi unha experiencia de deseño, implementación e avaliación de ideas que partiu da toma de decisións colectiva.
Todas as tarefas e liñas de acción poden ser consultadas no TWINSPACE do proxecto.
CONCLUSIÓNS
Magnífica experiencia de colaboración co alumnado e profesorado de 1º de ESO e de FPBásica, así como co Departamento de Orientación.