A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

A vida de Díaz Castro

Estas ficcións foron rodadas como parte da película «Os camiños esquencidos» baseada na vida e obra de Xosé María Díaz Castro. As pezas inspíranse en tres momentos da vida de Díaz Castro. Primeiro, a súa intermediación nunha disputa entre o mestre republicano e o cura dos Vilares nunha romaxe en 1934, cando era aínda un estudante; despois ímonos a 1961 en Madrid, recreando o momento no que recibe a primeira copia do seu poemario Nimbos; e por último, ficcionamos o recital que deu en 1984 na Casa Habanera de Guitiriz.

Todos estes acontecementos están máis ou menos documentados. Coas licencias artísticas propias do cine, puxemos todo o cariño na súa rodaxe e caracterización contand