A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Presentación na RAG

  • Autoría
    Cristina de la Torre
  • Ano
    2013
  • Duración
    00:05:38
  • Ideal para
    A autoestima do rural
  • Compartir en
    facebook, twitter

Uns días antes de que a Real Academia Galega decidise o homenaxeado polas Letras Galegas do 2014, fumos aló con Xermolos a presentar os actos do centenario de Díaz Castro e o noso documental A lus do mundo que esa mesma tarde estreábase no Ágora da Coruña.

Nesa presentación, na que tamén participou Xosé Antón Cascudo autor do documental O instante eterno, deixamos claro que as comunidades educativas do rural reivindican o seu papel na creación e promoción da cultura galega, na cultura feita dende abaixo.