Romaxe Vilariño dos Cregos, 1934
No ano 2014, Galicia celebraba a Xosé María Díaz Castro como autor homenaxeado nas Letras Galegas e dende o IES de Guitiriz lanzámonos á aventura de recrear o tempo do poeta para a película «Os camiños esquencidos».
Para rodar unha romaxe pensamos que o mellor era precisamente celbarra unha romaxe e despedir así a experiencia de facer a nos aprimeira película xuntos: profesorado, persoal non docente, alumnado e pais. Entre todos, con atrezzo e vestiario de época, logramos darlle vida á aldea de Vilariño dos Cregos onde naceu o poeta, deixando estas imaxes para o recordo.