A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

aLIXéirate no confinamento

1/6

PRESENTACIÓN

Durante estas semanas de confinamento, que bo é aLIXeirar a mochila de tarefas e libros… Por iso, os alumnos e alumnas de 1º de ESO do IES POETA DÍAZ CASTRO, marcharon de cruceiro! Pois si! Porque o mundo virtual ao que nos estamos afacendo, ben permite viaxar.

CLAVES

MATERIAS:

Linguas (galega, castelá, portuguesa e inglesa), Matemáticas, Bioloxía, Valores, Relixión, Xeografía, Oralidade

NECESIDADES:

Recursos creados para o proxecto didáctico, conectividade e Colaboración.

OBXECTIVOS;

Mellorar a comunicación e a colaboración entre o alumnado en situación de aillamento.
Mellorar as competencias clave do alumnado

01. PREPARATIVOS

O profesorado creou un espazo web para subir os produtos finais e, así, garantir un marco conceptual para todas as tarefas programadas que se presentou ao alumnado ao inicio do proxecto.

02. DESENVOLVEMENTO

O alumnado foi enfrontándose, semana a semana, ás tarefas propostas en colaboración polo seu profesorado, traballando en equipo a través de ferramentas colaborativas que se proporcionaron avanzadas. A elaboración dos produtos íase subindo ao WIX que aquí compartimos, de xeito que funcionase como unha retroalimentación do proceso. A implicación dos nenos e nenas foi crecente e motivadora.

03. AVALIACIÓN

Os indicadores de logro foron a participación e a elaboración de materiais para compartir.

EXPERIENCIAS

CLIC AQUÍ PARA ACCEDER AO SITIO WEB DO PROXECTO