A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

IV Feira de Proxectos Díaz Castro

Unha mostra dos nosos proxectos, aberta á comunidade educativa, en formato de Feira!

                                                                           

CLAVES

  • MATERIAS: Experiencia interdisciplinaria e de inclusión, aberta ás familias e institucións da contorna
  • SESIÓNS: Unha semana de preparación e un día de celebración.
  • NECESIDADES: Aspectos organizativos de centro, colaboración de profesorado, alumnado e familias.

OBXECTIVOS

  • Dar a coñecer os proxectos do centro.
  • Empoderar ao alumnado ao difundir a calidade do seu traballo.
  • Potenciar a oralidade, como liña vehicular do quefacer diario.

                                                                                        

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Durante todo o curso desenvolvimos diferentes proxectos que se foron materializando e, nalgún caso, converténdose en espazos concretos do centro educativo.

Cómpre salientar os seguintes:

  • Dinamización da Lingua 
  • O taller de fabricación mecánica, para crear, con vistas ao desenvolvemento profesional.
  • Meteorólogos guitiricenses
  • Tecnopoetas
  • Rincón da Natureza
  • O noso mar

02. DESENVOLVEMENTO

Durante o mes de xuño fomos dando forma a unha sorte de Feira de Proxectos, a nivel deseño, que recollera a xeralidade de traballos e na que puidese estar representado case todo o noso alumnado.

A semana do fin de curso foi de moito movemento, intentando cadrar horas para os ensaios e preparación de materiais.

O día 19 de xuño, desde as 12:00, desenvolvimos a Feira, co acompañamento dunha boa representación das familias.

A comunidade, repartida en grupos,  foron visitando, en itinerarios secuenciados, os seis stands, coñecendo os proxectos e participando, nalgúns, das tarefas propostas.

CONCLUSIÓNS

Magnífica experiencia de colaboración co alumnado e profesorado que contou coa participación das familias e das institucións da contorna.