A Vacina Secreta. ALIXéirate de Virus
- Proxecto
Alixéirate - Duración
Capítulo 1 en torno a unha hora; O capítulo 2, algo menos. - Ideal para
Exercitar o inxenio, a concentración e o razoamento lóxico e deductivo - Materias
Matemáticas - Cursos
3º ESO, 4º ESO, Curso 2019/20 - Compartir en
facebook, twitter
O gran problema das matemáticas no alumnado é ver a estas como unha ferramenta que só serve para resolver problemas moi concretos que aparecen nos boletíns do profesor de turno, sen máis conexión coa realidade ou utilidade que a de aprobar a materia. A idea de que pode ser de gran utilidade na vida real, e de que pode ser unha gran axuda na toma de decisións e razoamentos que facemos diariamente, é a baza a xogar e potenciar de cara ao alumnado.
Todo isto non é doado e supón un grande reto para calquera profesor. Os xogos do tipo Escape Room son unha boa oportunidade para poñer en práctica esta idea. Isto pode ser aplicable a tódalas materias.
Neste xogo trataremos de axudar a unha científica perseguida por membros dunha máfia, resolvendo unha serie de enigmas para tratar de atopar a Vacina Secreta para o Covid-19
Entra e descubre a vacina secreta:
CLAVES
- MATERIAS: Matemáticas. Facilmente ampliable a calquera outra.
- CONTIDOS: Comprensión lectora, Álxebra (polinomios, ecuacións e sistemas), criptografía, fusos horarios, funcións e gráficas, escalas, superficies, poesía
- SESIÓNS: Os capítulos son de diferentes duracións, o capítulo 1 en torno a unha hora, o capítulo 2 algo menos.
- NECESIDADES: Só necesitaremos o noso inxenio e algo onde anotar alguns cálculos para ir completando as claves que nos permitirán avanzar no xogo.
OBXECTIVOS
–Lectura comprensiva, o gran aliado para superar calquera problema matemático.
-Fomentar o traballo autónomo do alumnado. Esta diseñado para que sexa unha aventura sen necesidad de profesor. Especial para tempos de confinamento.
-Aplicar as matemáticas na resolución de problemas diversos.
-Valorar as matemáticas como unha ferramenta práctica.
PASO A PASO
O xogo remata cada capítulo nun cuestionario que fai o reconto do alumnado que o foi superando.
CONCLUSIÓNS
Este formato resúltalles moi cercano e interesante, a experiencia resulta en xeral moi satisfactoria e motivadora para o alumnado. A historia neste caso non está rematada, unha idea podría ser que o alumnado participara creando o desenlace, ou por grupos distintos desenlaces para que xoguen os seus compañeiros, isto faría a actividade moito máis completa.