A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Agasallo Natural / Alixéirate no Nadal

1/2

A aula de música en colaboración coa biblioteca do centro, participa activamente na convocatoria anual de creación de poemas, co apoio dos departamentos de linguas.
O alumnado de música, crea poemas baixo o lema “Agasallo Natural” , deste xeito tomamos consciencia da importancia de agasallar no Nadal dun xeito ecolóxico, non consumista, evitando xerar residuos. O propio alumnado elixe aqueles poemas que considera que son máis interesantes, con eles comezaremos a crear a letra da canción que o alumnado de música cantará e interpretará cos seus instrumentos. A presentación dos poemas, farase nunha exposición no hall do centro, na que os poemas obrigatoriamente presentaranse en material de refugallo.

CLAVES

  • MATERIAS: Música, Linguas, Arte, Valores
  • CONTIDOS: A creación poética e musical en relación a unha temática.
    A linguaxe musical, ferramente de expresión de mensaxes de calado social.
  • SESIÓNS: 7 sesións
  • NECESIDADES: Material da aula de música; percusión, guitarras, xilófonos e metalófonos. Equipo para grabación musical do tema.

OBXECTIVOS

  • Desenvolver unha conciencia medioambiental e evitar actitudes consumistas.
  • Valorar a importancia de manexar diferentes ferramentas , diferentes linguaxes; artísticas, musicais e poéticos.
  • A importancia de traballar todos xuntos para acadar un obxectivo final, gracias ao que aportamos ao grupo individualmente, segundo as capacidades de cada un.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Durante un mes o alumnado de música levará a cabo esta tarefa, durante as sesións de clase que lle corresponden segundo o seu nivel educativo na materia de música.

 

02. DESENVOLVEMENTO

Sesión 1. Elaboración dun borrador cos primeiros textos. Comprender e pensar como expresar a mensaxe que queremos transmitir.
Sesión 2. Edición en classroom, do poema final creado por cada alumno redactado.
Sesión 3 Repaso dos acordes e secuencias armónicas traballadas durante a primeira avaliación, para ver as posibilidades compositivias que temos.
Sesión 4. Selección das mellores estrofas. Adaptación as posibles melodías que van xurdindo ao repasar os acordes principais.
Sesión 5 e 6. Selección do texto definitivo. Distribución en estrofa e estribillo. Escribimos a partitura seleccionada.
Sesión 7. Rolda de ensaios ata a presentación do tema musical no hall do centro. Participamos cantando e tocando tras a entrega de premios dos poemas expostos con material de refugallo.

 

03. AVALIACIÓN

1. Avaliación da competencia en lecto-escritura musical, a través da creación dos poemas e letras.
2. Avaliación da competencia matemática e musical; capacidade de organizar musicalmente as estrofas e estribillo segundo unha secuencia establecida.

EXPERIENCIAS

No blog da biblioteca e no canal de You tube BiblioGuiti, recollemos o resumo desta actividade.
Blog da Biblioteca


Exposición dos poemas e premios
CANCIÓN Agasallo Natural: