Os roteiros guiados polo alumnado
Os roteiros sobre Díaz Castro que poden percorrerse de forma virtual nesta plataforma, teñen tamén unha versión en directo. Son visitas guiado polos propios alumnos do centro, que se encargan de recibir, acompañar e coordinar as actividades propostas en cada parada. O roteiro Un neno de aldea é polo Vilariño dos Cregos. O outro, A fábrica de poetas, é por Guitiriz. Cando o estreamos un equipo dos informativos da Fundación TIC da Deputación de Lugo fíxonos esta reportaxe.
Ambos roteiros están listos para recibir visitantes. Podedes ver toda a información sobre os mesmos neste PDF.