A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Un neno de aldea

Benvidos ó Vilariño dos Cregos, a aldea da Terra Chá onde naceu Díaz Castro. Neste roteiro analizamos o universo rural no que creceu o poeta, cos seus poemas e vivenzas neste lugar como fío conductor.

É un roteiro guiado polo alumnado do instituto con actividades en cada parada. Aquí compartimos os detalles, pero invitámosvos a que reservedes unha visita para vivir a experiencia connosco.

1. Sopa de versos

  • A benvida ó Vilariño é fronte á capela
  • Cun xogo de crear versos construimos grupos
  • Cada grupo fará o roteiro nunha orde diferente
  • A capela do Vilariño foi construida en 1792
1/4

Benvidos ó Vilariño dos Cregos. Esta é a aldea natal de Xosé María Díaz Castro e onde se conserva a súa casa familiar. Neste roteiro imos coñecer máis cousas sobre a súa infancia e o mundo rural de hai un século no que creceu.

Comezamos a visita na capela do Vilariño, que foi construida en 1792 e onde o neno Pepe, como chamaban aquí a Díaz Castro, foi monaguillo. A primeira actividade do roteiro é unha a sopa de versos.

2. As árbores de Díaz Castro

  • A actividade realízase na aira dos Coira
  • O obxectivo é identificar e calcular a idade das árbores
  • Identificamos ata oito árbores diferentes na aira
  • Calculamos con que etapa da vida de Díaz Castro coinciden
  • E farémonos fotos co Díaz Castro de cada idade
1/5

Esta primeira parada propón unha inmersión no espazo natural no que naceu Díaz Castro. Na aira dos Coira atopamos árbores como carballos, teixos ou cipreses. Tamén froiteiras e especies foráneas como o eucalipto.

Atrevédesvos a identificar as árbores e de paso calcular a súa idade? Así saberemos se estaban aquí cando o poeta corría por estes camiños. Buscamos as árbores de Díaz Castro.

3. O «crime» do Vilariño

  • O punto de partida da actividade é nesta aira apartada
  • Os participantes recibirán unha guía de arquitectura
  • Terán que identificar elementos da arquitectura na vila
  • Os participantes terán que resolver un crime
  • E rematarán a actividade coa lectura dun poema
1/5

Vilariño dos Cregos é unha aldea compacta e de poucas casas, pero un bo exemplo da arquitectura popular da Terra Chá. Para entender mellor esta arquitectura propoñémosvos resolver un crime, o crime dos sucos.

As pistas para resolver este crime recibiránse ó localizar diferenets elementos da arquitectura da aldea e responder a algunhas preguntas. Despois regresaremos ó puntod e partida para desvelar o resultado.

4. Les ou non les

  • A actividade faise diante da casa natal de Díaz Castro
  • Cada participante recibirá un rol da época
  • Compararémonos con esta foto da escola de Díaz Castro
  • E crearemos a foto cos que estudarían naquel momento
1/4

Nesta casa naceu o poeta e foi onde aprendeu as primeiras letras xa que foi escola tres anos mentras se construía a da Conchada, nos Vilares. Era ademais unha casa de letras, con libros e xornais.

Por iso nesta parada do roteiro descubriremos que era unha escola de ferrado e compararemos a escola actual coa de hai cen anos. Algún descubrirá que se tivera nacera entón, non sabería ler. A actividade chámase les ou non les.

5. Os xogos do neno Pepe

  • Os xogos do neno Pepe fanse fronta á capela
  • Relacionamos cada xogo cunha romaxe diferente
  • O obxectivo é recuperar formas de brincar tradicionais
1/3

No tempo de Díaz Castro (e na actualidade) a vida social e as festas do rural estaban moi ligada ós eventos relixiosos. Por iso as romaxes, ademais de ter un motivo relixioso son tamén unha ocasión para xantar e bailar, ou no caso dos nenos, xogar.

Naquela época os nenos divertíanse co que tiñan, pouco máis que a imaxinación. Así que imos xogar coma eles, relacionando algúns xogos tradicionais coas romaxes que Díaz Castro mencionaba no seus poemas. Son os xogos do neno Pepe.

6. Ai ven Díaz Castro!

  • Finalizamos o roteiro cunha marcha diazcastriana

Para despedir o roteiro volvemos a reunirnos fronte a capela para aprender uns versos de Díaz castro cantados: Hai homes cheos de sombra / homes a contralus / que che fan ver a Deus / como un mar de lus.

Antes da partida do grupo entrégaselle un rosco cun cuestionario sobre o poeta para que comproben canto aprenderon sobre a vida no rural. Esta actividade chámase Aí ven Díaz Castro!