A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Que consumimos? Que tiramos?

 

O proxecto transversal de centro do curso 2019-20 adicouse á reciclaxe. Co nome de aLIXEirate a proposta foi facer actividades nas diferentes materias para promover entre o alumnado unha actitude máis responsable respecto á xeración de residuos e á reciclaxe. Como cada ano, contamos con apoio para facer obradoiros creativos que, igual que no curso anterior, concentramos nos grupos de 1º de ESO para que se familiarzaran coas dinámicas habituais no centro: traballo en equipo, participación e mestura de formatos analóxicos e dixitais.

Co apoio da formadora creativa Cristina de la Torre, fixemos unha serie de obradoiros nas aulas co obxectivo de que o resultado se fora construindo coas propostas do alumnado de maneira que se sentiran partícipes activos de todo o proceso. Así dividimos os contidos de cada grupo en dous grandes bloques RESIDUOS e CONSUMO para que as propostas se complementaran e chamar a atención sobre o feito de que é tan importante reciclar  o lixo como consumir mellor para producir menos residuos.

 

OBXECTIVOS

  • Presentar conceptos relacionados cun modelo de vida sostible para que o alumnado se familiarice con eles
  • Asumir a corresponsabilidade na xestión de residuos e no consumo responsable
  • Destacar como cada acción ten unha consecuencia no medio e na maneira na que nos relacionamos con el
  • Incorporar a creatividade ó modelo de ensino
  • Combinar procesos analóxicos e dixitais como parte dun mesmo obxectivo comunicativo
  • Aproveitar vídeos e formatos publicados en aberto en Internet como fonte de coñecemento, amosando as posibilidades do entretemento como recurso educativo

COMO O FIXEMOS

A base dos obradoiros foi esta presentación que combinaba retos, conceptos e vídeos para analizar co alumnado. A maioría dos recursos procuramos que foran visuais, tanto en forma de infografías, como vídeos ou ilustracións, o que axuda á participación do alumnado xa que lels invita á reflexión e xenera máis impacto que a información proporcionada so en texto.

RETOS

  • Cubrir unha enquisa sobre o seu modelo de consumo e de recliclaxe
  • Calcular a súa pegada de carbono persoal tendo en conta o seu modelo de vida e facéndoos conscientes  do que gastan cada día en transporte, enerxía, etcétera.
  • Identificar no seu entorno máis próximo algo que lles chamara a atención respecto ós residuos (vehículos, residuos agrarios, contenedores, falla de árbores…) facendo unha foto denuncia
  • Ubicar nun mapa lugares e elementos que servirían para a súa investigación. Mapa 1º A  e Mapa 1º B

CONCEPTOS

  • A separación de residuos, o que facemos e o deberiamos facer
  • A reutilización de residuos, comezando pola reparación de cousas que poden ter unha segunda vida
  • O consumo responsable, identificando a orixe dos produtos, o consumo de proximidade, etcétera
  • A economía circular

VÍDEOS

GALERÍA DE INFOGRAFÍAS E IMAXES

1/11

 

QUE FIXEMOS

Como moitos proxectos neste curso 2019-20, o obradoiro quedou interrumpido pola cancelación das clases a raíz da alerta sanitaria do coronavirus. En todo caso, incluimos aquí as propostas temáticas coas que traballou cada grupo nas súas respectivas áreas de CONSUMO e RESIDUOS xa que hai moi boas ideas para ser recuperables en cursos seguintes e incluso para traballar na casa.

Para chegar ata aquí fixemos unha dinámica habitual nestes obradoiros que foi propoñer formatos narrativos diferentes e temáticas para facer propostas orixinais. A secuencia de temas, accións (formatos) e obxectivos que lles plantexamos foi a seguinte:

1/9

Estas foron as propostas do alumnado de CONSUMO        

  • Elena, Lía, Anxo. CONCURSO. Crear un concurso para pesar o lixo producida durante un tempo, ós que consigan reducilo levan de premio unha bolsa de tela rotulada.
  • Lolo e Uxía. FOTOGRAFÍA. Facer fotos sobre os envases dun único uso e como se poden evitar.
  • Paula, Brais, Daniela. CAMPAÑA EN RRSS. Inventar un cancelo para concienciar a xente sobre o que consume no día a día e como pode evitalo e consumir mellor. #abreosollos #consumemellor.
  • Daniel e Gabriel. VÍDEO. Amosar nun vídeo cousas que a xente non precisa.
  • Uxía e Estevo. EXPERIENCIA REAL. Manifestación contra a compra de obxectos innecesarios. Entrar en sitios abandonados e mirar canto lixo queda: balneario, discoteca.
  • Naía e Paula. EVENTO. Exposición de produtos de proximidade ou quilómetro cero.
  • Iker, Asier, Aitor. XOGOS DE MESA. Crear un xogo da Oca con conceptos das tres R: reduce, reutiliza e recicla.
  • Adrián e Javier. PERFORMANCE. Montar unha performance con conceptos de consumo inspirados nas ilustracións do obradoiro. 

Estas foron as propostas do alumnado de RESIDUOS

  • Faia e Daniel M. VÍDEOS. Gravar contenedores e soñar como poderíamos ter menos como símbolo de que producimos menos lixo
  • Martín F. e Noa / Hugo e Alejandro. CONCURSO. Conceptos relacionados cos plásticos
  • Adrián e Teresa. REDES SOCIAIS. Experimento sobre as redes sociais
  • Martín O., Samuel, Iván, Joao. FOTOGRAFÍA. Facer fotos de contenedores e valorar como se usan. 
  • Jessica, Daniel G., Irene. EXPERIENCIA REAL. 21 días fotografando 1 xantar e os envases que se usaron cos ingredientes
  • Brais, Brais, Jesus. PERFORMANCE. Facer un kit de festa sostible

COMO DARLLE CONTINUIDADE

Moitas destas propostas do alumnado poden ser convertidas en actividades dunha feira da sostenibilidade na que o alumnado vaia pasando por diferentes puntos para facer actividades, participar en debates, construir algo concreto, aprender unha coreografía, etcétera. No centro tivemos unha experiencia semellante co proxecto adicado ás cores, bno curso 2017-18 e que incluiu un HOLI FEST para poñer en común o que se estaba traballando dende diferentes materias e grupos.

IDEAS CONCRETAS (que quedaron plantexadas)

  • Concurso tipo BOOM no salón de actos do centro para fixar conceptos de sostenibilidade. Con presentadores e formato televisivo (ráfagas de son, set, rexidor de público…)
  • Proba de habilidade tendo que Construir unha mesa-bancada doméstica de reciclaxe que teñamos creada en cartón e por módulos e ter que colocar os residuos adecuados en cada oco. Pode ser competición por tempo.
  • Espazo interactivo empregando as redes sociais en tempo real con mensaxes positivos sobre o futuro do planeta
  • Xogo da Oca xigante no hall do instituto ou no patio adicado especificamente ós residuos
  • Performance. De entre todas as propostas de formato, o grupo de consumo escolleu maioritariamente facer algo que implicase movemento e danza, inspirados nesta experiencia de igualdade que neste mesmo curso fixeran os de 2º da ESO.

ÁREAS TEMÁTICAS (identificadas polo alumnado como relevantes no seu día a día)

  • ALIMENTACIÓN
  • ROUPA
  • ENERXÍA
  • TRANSPORTE
  • TECNOLOXÍA

INSPIRACIÓN NA REALIDADE (moito que reformular na era post-covid)