A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Días contados polo alumnado

  • Abel Pena, acontecementos persoais e familiares
  • Brais Lorenzo, acontecementos persoais e familiares
  • Breixo Ferreiro, acontecementos persoais e familiares
  • Carla Calvo, acontecementos persoais e familiares
  • Catalina Dorcea, acontecementos persoais e familiares
  • Cristina Paderne, acontecementos persoais e familiares
  • Daniel García, acontecementos persoais e familiares
  • Hugo Sanmartín, acontecementos persoais e familiares
  • Javier Mulet, acontecementos persoais e familiares
  • Jonathan Núñez, acontecementos persoais e familiares
  • Laura Deive, acontecementos persoais e familiares
  • Marta Sanmartín, acontecementos persoais e familiares
  • Natalia García, , acontecementos persoais e familiares
  • Paula García, acontecementos persoais e familiares
  • Raúl Paredes, acontecementos persoais e familiares
  • Yago Martínez, acontecementos persoais e familiares
  • Érika Bao, acontecementos persoais e familiares
  • Zeltia Lorenzo, acontecementos persoais e familiares
1/18

Canto sabemos da historia da nosa familia? E da nosa vila? Como podemos vincular a historia da humanidade ós acontecementos que foron modelando onde estamos e quen somos? Este é o punto de partido de DÍAS CONTADOS, o proxecto interdisciplinar que propuxemos ó alumnado de 4º de ESO para este curso 2020-21 e que se integra no tema transversal escollido polo centro para este ano de pandemia: os coidados.

Coa participación dos departamentos de Lingua Galega, Lingua Española, Historia, Lingua Francesa, Filosofía, Economía e Física e Química, fumos construindo un mosaico de contidos que conduciran a un relato compartido dende o persoal ata o universal.

ACONTECEMENTOS PERSOAIS

O eixe sobre o que construimos este proxecto foron as conversas coas familias e veciñanza para coñecer máis cousas sobre o seu pasado e os momentos destacados da súa vida. Foi unha maneira de exercitar a memoria familiar e tamén a construcción dese relato do próximo que transmitimos dos uns ós outros. Dese primeiro exercicio, plantexado dende o aula de Lingua Castelá, resultou un rexistro de acontecementos persoais de tres xeracións, a do alumnado, a dos seus pais e nais, e a dos seus avós e avoas.

Eses acontecementos convertíronse nos pequenos vídeos que se poden ver na parte superior e que foron editados polo alumnado empregando a aplicación web canva.com. Para iso, ademáis da recollida de información, buscaron fotografías familiares ou —no caso de non telas— imaxes que ilustraran os feitos destacados, facendo un exercicio de narrativa visual.

Con esta información, o alumnado de Valores, fixeron entrevistas na casa para comentar polo miúdo esas lembranzas. Estes son os vídeos realizados por Hugo Sanmartín, Yago Martínez, Natalia García e Brais e Zeltia Lorenzo:

 

 

O LÉXICO DA EMIGRACIÓN

Pola contexto social e histórico do alumnado a emigración foi un dos contidos que máis aparecían destacados nas súas memorias familiares. Por iso, dende a aula de Lingua Galega, adicamos especial atención a este contido animando ó alumnado a que fixera entrevistas ós seus maiores sobre esa etapa concreta da súa vida.

 

 

Desas entrevistas, feitas en vídeo ou como audio para podcast, extraimos un material moi valioso de análise sintáctica e de léxico que dividimos en tres bloques: palabras relacionadas coa economía, coas cuestións sociais ou coas emocións inspiradas por esas experiencias.

  • Das entrevistas coas familias extraímos as palabras máis repetidas
  • Estas son as relacionadas con cuestións económicas
  • O idioma e aprender unha linguaxe nova foi do máis mencionado
  • Nostalxia e ilusión son as emocións máis presentes na memoria dos emigrantes
1/4

XENEALOXÍAS FAMILIARES

Á curiosidade e mera conversa sobre o pasado dos seus familiares, no aula de Francés engadiron un reto investigador: cada alumno e alumna tiña que identificar ós membros da súa familia de ata catro xeracións e representalo nun vídeo, explicándoo, claro, en francés. Os que siguen son as compilacións dos vídeos realizados por Hugo Sanmartín, Brais Lorenzo, Zeltia Lorenzo e Yago Martínez. Nesta publicación podedes ver outros vídeos feitos na aula de Francés este curso.

 

 

NA PEL DOUTROS

Ademais de construir o relato da memoria da súa familia, o alumnado traballou a construcción de relato alleo ficcionando os diarios de persoeiros relevantes do romanticismo. Nun traballo conxunto das aulas de Historia, Lingua Castelá e Lingua Galega, a rapazada recreou por grupos a psicoloxía e contexto de diferentes autores e autoras, obtendo como resultado un diario, un podcast da época.

DIARIOS ROMÁNTICOS

PODCAST ROMÁNTICOS

O ARQUETIPO DO NOSO AULA

Todos estes exercicios de memoria familiar e de construcción de relato ampliados e traballados con propostas de diferentes asignaturas, precisaban dun obxectivo concreto que decidimos centralo na realización dunha curtametraxe protagonizada por personaxes arquetipo extraidos de todas esas historias particulares. Coa colaboración de Cristina de la Torre, escollimos persoas de experiencias reais que puideramos ubicar en catro xeracións distintas cando tiñan dezaséis anos.

Así redactamos o guión dunha ficción escollendo o mes de abril de catro anos diferentes que supoñen percorrer case un século de historia, da nosa: 2021, 1991, 1961 e 1931. O proceso foi longo e intenso, sendo estas as tres fases de desenvolvemento:

  • Selección de eventos persoais e históricos sobre os que pivotar a acción
  • Concretar os detalles dos personaxes e das súas circunstancias que nos axudaran a contar un tempo histórico,
  • E finalmente, ordear nunha liña argumental a historia que contase quen somos comezando na xeración dos nosos visavós e visavoas.

 

  • Primeiro escollimos datas, experiencias e acontecementos que poideran aparecer na ficción
  • Inspirámonos en personaxes, localizacións, obxectos e experiencias reais
  • Fixemos unha liña argumental combinado as xeracións: 2021, 1931, 1961 e 1991
1/3

 

Como sempre, para realizar esta peza audiovisual precisamos da complicidade. axuda de todo o profesorado, as familias e os que sempre axudan: Xermolos, Alfonso Blanco, conserxes, etcétera… O intenso traballo queda recollido neste plan de rodaxe, e os agradecementos e colaboracións, nos créditos da peza. Neste momento está en proceso de edición, pero xa podemos poñer un pequeno avance:

 

OUTROS DÍAS CONTADOS, PRENSA FINISECULAR E CONTEMPORANEA

Dende a materia de Lingua Castelá, estableceuse como obxectivo contrastar o formato e os contidos dos medios de comunicación escrita finiseculares (1880-1920, aprox.) cos actuais.
Para iso, o alumnado traballou en seis grupos, cada un deles vencellado a unha localidade galega (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo). Tiveron que buscar novas de distinto tipo para ‘encher’ unha páxina dun noticiario de época (cada grupo tiña un ano asignado, en relación con feitos significativos da biografía de Emilia Pardo Bazán, autora que estudaron este curso); ademais da nova relativa á autora galega, pedíaselles outra (a principal) de contido socio-económico, unha internacional, unha local e logo completábase con anuncios, avisos, unha reseña circense e algunha ilustración en homenaxe a Lolita Díaz Baliño (moi destacada no ámbito artístico galego, da que visitaron unha exposición na Fundación Seoane).
Paralelamente, tiñan que elaborar a portada de un xornal contemporáneo (o ‘Nós’), de xeito que os titulares tivesen correspondencia coas novas que incluíran nos noticiarios finiseculares (ex: emigración galega na época / inmigración actual; inauguración ferroviaria / situación actual dos transportes en Galiza…); sendo obrigada a referencia a Emilia Pardo Bazán, as Torres de Meirás, Lolita Díaz Baliño e o Día das Letras (Xela Arias), así como algunha nova que visibilizase a situación da muller na actualidade (fronte ao tratamento mínimo e limitado aos eventos de sociedade que aparecía nos notiarios).

1/6

A Coruña:   Noticiario finisecular (La Tribuna)     Prensa actual (Nós)

Ferrol:         Noticiario finisecular (Ferrol Diario)  Prensa actual (Nós)

Lugo:           Noticiario finisecular (La Muralla)     Prensa actual (Nós)

Ourense:    Noticiario finisecular (La Gaceta)        Prensa actual (Nós)

Santiago:   Noticiario finisecular (El mercurio)     Prensa actual (Nós)

Vigo:            Noticiario finisecular (El faro)              Prensa actual (Nós)