Un neno de aldea
- Ver mapa
- 0,5 Km — 150 min (con actividades)
- Como chegar
- Solicitar visita guiada
Benvidos ó Vilariño dos Cregos, a aldea da Terra Chá onde naceu Díaz Castro. Neste roteiro analizamos o universo rural no que creceu o poeta, cos seus poemas e vivenzas neste lugar como fío conductor.
É un roteiro guiado polo alumnado do instituto con actividades en cada parada. Aquí compartimos os detalles, pero invitámosvos a que reservedes unha visita para vivir a experiencia connosco.
Tamén, se o preferides, podedes facer a visita de maneira virtual:
- GOOGLE MAPS con xeoposicionamento de cada punto do percorrido
- GOOGLE EARTH para ver dende o ordenador en modo presentación
1. Sopa de versos
- Situación xeográfica
- Como chegar
- Voltar ao plano principal
- Voltar ao plano principal
Benvidos ó Vilariño dos Cregos. Esta é a aldea natal de Xosé María Díaz Castro e onde se conserva a súa casa familiar. Neste roteiro imos coñecer máis cousas sobre o mundo rural de hai un século no que creceu o poeta.
Comezamos a visita na capela do Vilariño. Foi construida en 1792 e aquí o neno Pepe, como chamaban a Díaz Castro de pequeno, foi monaguillo. Nesta parada faremos unha sopa de versos.
2. As árbores de Díaz Castro
- Situación xeográfica
- Como chegar
- Voltar ao plano principal
- Voltar ao plano principal
Esta primeira parada propón unha inmersión no espazo natural no que naceu Díaz Castro. Na aira dos Coira atopamos árbores como carballos, teixos ou cipreses. Tamén froiteiras e especies foráneas como o eucalipto.
Atrevédesvos a identificar as árbores e de paso calcular a súa idade? Así saberemos se estaban aquí cando o poeta corría por estes camiños. Buscamos as árbores de Díaz Castro.
3. O crime do Vilariño
- Situación xeográfica
- Como chegar
- Voltar ao plano principal
- Voltar ao plano principal
Vilariño dos Cregos é unha aldea compacta e de poucas casas, pero un bo exemplo da arquitectura popular da Terra Chá. Para entender mellor esta arquitectura propoñémosvos resolver un crime, o crime dos sucos.
As pistas para resolver este crime recibiránse ó localizar diferentes elementos da arquitectura da aldea e responder a algunhas preguntas. Despois regresaremos ó punto de partida para desvelar o resultado.
4. Les ou non les
- Situación xeográfica
- Como chegar
- Voltar ao plano principal
- Voltar ao plano principal
Nesta casa naceu o poeta e foi onde aprendeu as primeiras letras xa que foi escola tres anos mentras se construía a da Conchada, nos Vilares. Era ademais unha casa de letras, con libros e xornais.
Por iso nesta parada do roteiro descubriremos que era unha escola de ferrado e compararemos a escola actual coa de hai cen anos. Algún descubrirá que se tivera nacera entón, non sabería ler. A actividade chámase les ou non les.
5. Os xogos do neno Pepe
- Situación xeográfica
- Como chegar
- Voltar ao plano principal
- Voltar ao plano principal
No tempo de Díaz Castro (e na actualidade) a vida social e as festas do rural estaban moi ligada ós eventos relixiosos. Por iso as romaxes, ademais de ter un motivo relixioso son tamén unha ocasión para xantar e bailar, ou no caso dos nenos, xogar.
Naquela época os nenos divertíanse co que tiñan, pouco máis que a imaxinación. Así que imos xogar coma eles, relacionando algúns xogos tradicionais coas romaxes que Díaz Castro mencionaba no seus poemas. Son os xogos do neno Pepe.
6. Ai ven Díaz Castro!
- Situación xeográfica
- Como chegar
- Voltar ao plano principal
- Voltar ao plano principal
Para despedir o roteiro reunimos ao grupo no aula didáctica da Ruta da Pedra de Díaz Castro, da que ten a chave a veciñanza. Alí deixamos un tempo libre para que visiten a exposición, proben a torta de Guitiriz e despois animámolos a irse cara o bus cantando estes versos de Díaz Castro: Hai homes cheos de sombra / homes a contralus / que che fan ver a Deus / como un mar de lus.
Antes da partida do grupo entrégaselle un rosco cun cuestionario sobre o poeta para que comproben canto aprenderon sobre a vida no rural. Esta actividade chámase Aí ven Díaz Castro!